Como se pide nun comentario do anterior artigo sacamos a colación este tema.
Richar Stallman acusa a Zapatero de vender os nosos nenos a Microsoft.
A miña opinión, que concorda coa do Sr. Stallman, estou de acordo, non me podo crer que en tempos de crise, nos que se deviría mirar ata o mais mínimo Euro, os destraguemos para regalarllos a Microsoft, iso no tocante os cartos.
Pero o mais importante de todo e que se condiciona os nenos, se dende pequenos, que e a mellor época para aprender cousas, lles désemos as clases con Software Libre, conseguiriamos crear iso que e tan difícil cando xa se e adulto, conciencia, se conciencias os nenos na liberdade do Software iso non o van esquencer nunca, en troques se o que fas e coartalos co uso dun sistema privativo o que creas e unha dependencia de algo que mais tarde lles vai saír caro, non me parece forte comparalo con drogas, porque e o símil perfecto.
E que conste que o de pasarlle a bola as comunidades autónomas para que elas decidas si meter GNU/Linux si ou non iso si que non me parece normal. Simplemente polo feito de que os cartos xa están gastados, se decides meter arrinque dual, segues dándolle a pasta a Microsoft.
Paréceme das peores ideas que tivo o Goberno en moito tempo, espero que aínda esten a tempo de rectificar.
Poño aquí dous enlaces sobre o tema.
Barrapunto
Publico
miércoles, 13 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Penso que todos, ou case todos, estamos a favor do software libre. Pero non creo que a mellor maneira de apoialo sexan comentarios tan sesgados e maniqueos como:
- O software privativo crea dependencia.
- O software privativo pode compararse ás drogas.
Agora igual saes co manido "eu non dixen que bla bla bla, o que eu quería dicir é que bla bla bla".
Pois si querías dicir iso outro, dío de primeiras, porque comentarios como este fanche quedar como un radical que non é capaz de ver as cousas con obxectividade e que non ten nin pinga de credibilidade.
Totalmente dacordo, de todas formas na liña habitual, hai xente que non deixa a politica nin para plantar un pino.
Eu si que digo que crea dependecia, non fisica como as drogas, pero si unha dependencia a nivel intelectual "para que vou aprender outra cousa se esta me vale", "que mais da se perdo algun dereito, se total non o vou notar", "Espianme dentro do meu ordenador, teñen acceso a informacion persoal, que mais da, con tal de que non me anden nos cartos xa me chega".
E o tema que se lee da licencia para poder usar os libros dixitais non e mais ca outra maneira de decir DRM.
http://www.codigocero.com/Leire-Pajin-anuncia-que-os
Con referencia o comentario da nova de Leire Pajin.
O de usar un sistema duado con Windows e con GNU/Linux pode parecer un paso a prol do sofware libre, as formas son as adecuadas, pero no fondo o problema e o mesmo.
Se unha comunidade autonoma decide utilizar Software Libre na educacion, e lle entregas un sistema duado, o que fas e regalarlle os cartos a Microsoft, posto que ese sistema non se vai usar.
Non me parece unha soluccion boa, seria mais loxico que os portatiles viñeran limpos, e que a comunidade que queira meter GNU/Linux que o meta e a que queira Windows que negocie para mercar as licencias.
Publicar un comentario