Saúdos compañeir@s dinamizadores, como escribín fai un tempo neste o noso Blog, a xente que segue pensando que o señor Feijoo vai apostar polo software libre vive nos mundos de Yupi, e para mostra un botón.
Mais de 2 millóns de Euros en Licencias Microsoft
Aquí o tendes, para que lle poidades botar un ollo. Non vos asustar, pero dáme que o compromiso de austeridade esta mais que incumprido, e como supoño que isto vai ser un suma e segue, a ver para cando a próxima.
lunes, 11 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Era de esperar PP=non austeridade presisamente.
Pero de verdade alguén chegou a pensar na austeridade do señorito Feijoo?
O que pasa é que a maioría da xente de Galicia gostalle que lle den polo cú, por iso o votaron! Outra cousa non mo explico!
Non vos dades conta ou non queredes, austeridade ou o que e o mesmo aforro, significa reducir gastos cousa que o noso flamante Presidente ve como oportunidade para dar concesions publicas a empresas privadas.
Que a RTVG vale moito, pois privatizamola, que os hospitais saen caros pois o mesmo.
Tendes que aprender a leer entre liñas, que as cousas non se poden tomar nunca o pe da letra.
Austeridade = Inversion privada = PP
Cuéntaselo a Alberto:
presidente@xunta.es
Eu estou cos nervos destrozados. Creo que deberiamos pedir unha xuntanza ou algo así xa, porque levamos máis de dous meses neste sinvivir e a ninguén lle importa, ninguén nos di nada, pasan de nós cando preguntamos... NON SON FORMAS!!
100% dacordo co de propoñer unha xuntanza,pero de verdade, non como facemos sempre, pq se esperamos a que eles tomen a iniciativa... non creo que sexa nada descaballedo nin fóra de lugar, dadas as circunstancias non? eu non sei nin onde estamos agora. será na Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, q depende directamente de presidencia, non?
a colación...
http://www.publico.es/ciencias/225095/impulsor/linux/acusa/zapatero/vender/futuro/pais/microsoft
O Cesga e a Fundacion Calidade estan dentro da Direccion Xeral de Desenvolvemento e Innovacion, asi que me supoño que nos tamen dependeremos da mesma direccion xeral.
Ola a todos e todas son Alberto estou escribindo isto un pouco a presa.
Simplemente era para dicir que penso que para probar se o goberno de Feijoo é austero ou non, esta nova non vale. O documento en cuestión data do 16 de Abril e o actual presidente xurou o cargo dous días despois. Polo tanto a orde de comprar ou renovar o pu... software e polo tanto o malgasto dos 2 millóns de € foi da anterior lexislatura :(
Que alguén me corrixa se estou equivocado.
Un saúdo desde Vilagarcía ;)
que pasada, pois seguramente fose un asunto da lexislatura anterior. Menudas contradiccións.
Ola Alberto! Graciñas pola apreciación, estiven investigando e o documento final é do 6 de maio no que di que o 16 de abril foi aprobado e autorizado o expediente de gasto de 2.247.239,46.
A tome de posesión do novo presidente é do 18 de abril como ben dis.
Tamén di o texto que se lle deu de prazo o 20 de abril a Microsoft, e que o informe valorativo da oferta data do 6 de maio.
O que eu creo é que tanto monta monta tanto, é dicir uns o puxeron en marcha e os outros non dixeron que non.
Esta renovación de licencias ven despois da do 2007, goberno do bipartito, e que xa denunciamos no seu día neste blog: http://dinamizadorx.blogspot.com/2007/05/para-cando-en-galiza.html
daquela como vedes non chegaba a millón e medio de euros pero para o caso...
Non creo q neste caso sexa cuestión política, a medida de Zapatero tampouco apoia o software libre.
Déixovos o enlace ao documento que atopei na web e o dito gracias Alberto
http://www.galiciaconfidencial.com/wp-content/uploads/2009/05/licencias-microsoft.pdf
Publicar un comentario