Hai vai un artigo sobre algo do que fai tempo que tiña ganas de escribir, as cousas que pon a xente en google para chegar o Blog do DinamizadorX.
Que dicir ten que as mais utilizadas son dinamizadorx e blog dinamizadorx, pero non son as mais simpáticas:
NOTA: Todo e real, sacado de Analytics e ShinyStat.
- Baixar miro pereira: Se pretendías baixarte a serie de Pratos Combinados vas de cu, por aquí como moito vas topar o vinagre da ensalada.
- Galinux: Sinto amigo/a, aquí non vas topar nada diso, preferimos non tentar o MEV con falsos profetas.
- Suso Baleato: O puto amo, en realidade el e o DinamizadorX.
- Cienciologia Baleato: Non sei se refire o do Compostela ou o de Mancomun, aínda que calquera deles tería a capacidade para dirixir unha entidade de tanto poder como a Igrexa da Ciencioloxia, ben o demostran todos os dias nos seu respectivo campo.
- Dinamizador La caixa: Con isto da fusión de caixas de aforros xa non sabes por onde te van entrar.
- Foto parvada: Fotos non hai moitas pero parvadas sobran.
- Mancomun pp: Non sei eu se toparias algo interesante sobre este tema no noso blog. O unico a nosa foto comparativa do presi.
- Obxetivo de contavilidade de España: Polo amor de Deus, iso non o ten claro nin o ministro de economía e ves a buscalo aquí, pero estades tolos ou que.
- Raparigos: Espero que non pretendera buscar contido para adultos (que a X non significa nada estraño).
- Rede de dinamizacion spot: Aquí a publicidade da rede facémola de outra maneira, non necesitamos pagar actores nin nada polo estilo.
- Veiguela blogspot: Pero que te esperabas buscando isto, que existise veigela.blogspot.com ou algo así, a xente ten bastante mais sentido do que pensades.
- "en che dicires": Non o pillo, se alguén foi o que entrou por aquí, se fai o favor que nos conte a onde quería chegar.
- "pola sombra" Coruña: Sobran as palabras, voume aforrar o chiste fácil.
- Agencia azafatas Trisquel: Como non sexan azafatas GNU/Linux dáme que te equivocaches de sitio compadre.
- Anécdotas+traballo: Anecdotas as que queiras, agora traballo.....
- Araos galinux mascota: Se te refires o pseudo-pingüin do anuncio de Galinux, non aquí non o vas topar.
- Blog da rede de dinamizacion dinamizadorx: Puideches dar mais detalles que google aínda non se enterou ben.
- Blogspot sobre word 2000: A verdade e que espero que non exista unha cousa polo estilo.
- Caralhuda: Home gracias, sabiamos que eramos o puto mellor pero aínda non nos chamara caralhudos.
- Comicas de poquemon: Non sei que e peor, que chegaras aquí buscando cousas sobre poquemon ou que te adiques a buscar esas merdas.
- Como elaborar una tira cómica: Nunca se me ocorrería dar un obradoiro sobre iso, pero alédame que alguén poida usar as nosas tiras de exemplo (moitas delas a evitar).
- Controlar satelite satelite xabarin: Pode ser da nasa ou doutra galaxia, pode ser cousa das ghafas que eu non mire ben.
- Descargar sofware ruso: Moito comunista hai por aquí solto, comunista ou bebedor de vodka.
- Entrevista a un dinamizador: O mais puro estilo "Entrevista con el vampiro".
- Estiven ballmer 2009 microsoft: Se buscas a alguén que estivo con Ballmer, dáme que non, aquí non deixamos entrar a ese tipo de dexenerados..... bueno, so de vez en cando a algún.
- Feijoo "bill gates" "sofware libre": Xuntar 3 términos deste estilo nunha busqueda paréceme simplemente unha maneira de querer saturar os servidores de Google.
Veña a pasalo ben.
1 comentario:
Raro, raro, raro....
Publicar un comentario