lunes, 22 de febrero de 2010

3º Aniversario Felicidades a tooodos.

Boas compañeiros, como xa leichedes no anterior artigo de Casper hoxe fai 3 anos que se inaugurou este o noso querido blog do DinamizadorX.

Na súa modestia o meu querido compañeiro Casper dáme a min (e a todos vos) as gracias cando se non fose por el, que foi colaborador do blog dende a primeira hora, nada de isto chegaría tan lonxe, logo engadiuse o proxecto o noso ben querido aínda que pouco colaborador Langhran e para rematar o cadro de personaxes a marabillosa Dama do Castro.
Que conste que non me esquezo do resto dos dinamizadores, que dentro do bo ou do malo sempre tendes o detalle de comentar as cousas que leedes no blog. E claro esta non me podo deixar de saudar a nosa querida Coordinación, sen elas a nosa función non seria posible.

Como xa están dados os agradecementos por estos 3 anos e todo iso, imos pasar a certas cousas desas que ocorren na rede e que me interesaría comentar.

O parecer dende hoxe pode que a nosa vida laboral vai a ser un pouco mais tranquila, porque segundo o que teño entendido, o sábado rematoulles o contrato as nosas ben queridas vixiantas. Non me malinterpretedes, non me vou alegrar de que alguén perda o seu traballo, ademais non sabemos se e certo todo isto, teriamos que esperar a ver se a alguén lle dan unha visita (non estaría mal que avisarades se alguén recibe a visita dunha vixianta).
O tema e que se as renovan xa esta, pero se non, iso que significaría:

1. Que confían en nos e saben que aínda que non se nos vixile imos traballar coma uns profesionais.
2. Queren aforrar cartos e ven que as vixiantas son prescindibles.
3. A nos tamén se nos esta a punto de rematar o contrato e non se queren seguir comendo a bola.

Que opción elixiriades vos se forades da Coordinación...

Sinto pero non rematan as malas novas, e estas dóenme porque van directamente contra algúns de nos compañeiros.

La Xunta disolverá 33 fundaciones comarcales que siguen abiertas pese a su falta de actividad

Esta nova aféctalle directamente as dinamizadoras que traballan nos centros comarcais de toda Galicia, elas xa estaban nunha situación diferente a nosa e se a rede non busca unha solución para elas vanse quedar sen lugar de traballo, aínda que nos consta que a rede conta con aulas suficientes para ubicar a estas raparigas, espero que non nos defrauden a todos e busquen o xeito de que non teñan que deixar o seu traballo nunha época coma esta non que non e moi sinxelo topar outro.

Pois iso compañeiros, van 3 anos e seguimos tendo tantos lios coma o primeiro dia, quizais agora sepamos un pouco mais e teñamos unhas poucas mais vantaxes, pero seguen a facer de nos un pandeiro. Veña un saúdo e a seguir cara a diante.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Bos dias a todos/as. Tamén lin por ahí o dos centros comarcais. Estou totalmente de acordo que desde xa se estén buscando solución para eses compañeiros/as que se van quedar sen ubicación. Pero non podemos esquecer que xa houbo outra compañeira que traballaba no centro comarcal do Salnes que lle deron vía fai tempo. Recibiú o suciciente apoio para que lle buscaran unha reubicación, paréceme que non.
Se segues lendo este blog bikos dende Poio.

Anónimo dijo...

Fundacións comarcais e centros comarcais son dúas cousas totalmente diferentes e independientes!!!

Anónimo dijo...

Siii moi independentes, o centro comarcal é a sede da fundación comarcal (aquelas que teñen) e non hai máis que ver as novas nos xornais e as fotos que sacan nelas, todas centros comarcais.

Dinamizador X dijo...

Sinto moito o caso de Eliana, pero coma ela moitos mais que perderon o seu posto por problemas coa entidade, aínda que o meu comentario ven a que a posible perda de lugar de traballo das raparigas dos centros comarcais xa e algo anunciado incluso dende a prensa, así que a ver se non esperan ata o ultimo dia para dicirlles as cousas as persoas afectadas.

E coma sempre contamos entres os nosos queridos anónimos con un/unha expert@ en burocracia da Xunta, aínda que tamén coma sempre un comentario en dúas liñas no que parece que a ultima palabra que o autor deixou pasar e "parvos", porque os parvos somos nóss e os listos os demais, pero coma sempre o tempo dirá.

Anónimo dijo...

Ola a todos/as. Non me puiden resisitir a publicar un comentario ante a escasa e errónea infomación que tedes acerca do funcionamento dos Centros Comarcais. Como ben di o compañeiro anónimo do comentario número 2, os Centros Comarcais e as Fundacións son dous entes totalmente independentes aínda que dependan da mesma Consellería. A Fundación, xestionada polo/a Xerente Comarcal unicamente ten a súa oficina dentro do Centro Comarcal, pero non o dirixe. No Centro Comarcal onde os dinamizadores estades ubicados, traballan un, dous e nalgúns casos tres Xestores/as Comarcais que son os que se encargan do seu funcionamento. A nota de prensa á que vos referides, fala da reubicación do Xerente Comarcal e en calquera caso, da súa oficina, non do Centro Comarcal completo, que ademáis como expriquei enriba, non o dirixe e en ningún caso se fala da reubicación dos Xestores Comarcais que son os que, como a mesma palabra indica "xestionan" o Centro Comarcal onde os dinamizadores se encontran ubicados, do que se deduce que a non ser que se pechen todos os Centros Comarcais, os dinamizadores seguirán a ter o seu lugar neles mentres sigan desempeñando a súa función. Con este comentario, espero ter aclarado os malentendidos con respecto a este tema soamente có fin de non preocupar ós dinamizadores ubicados nos Centros Comarcais.
Un saúdo para todos/as.

Dinamizador X dijo...

O comentario anterior e un exemplo claro de como hai que contar as cousas, informando con claridade, e non como o comentario 2.

Moitas gracias compañeir@

Anónimo dijo...

Acaba de comprobarse a veracidade da información deste blogue, antes de soltar calquer tipo de información é mellor informarse ben.

casper dijo...

O blogue fíxose eco dunha nova que sae en toda a prensa galega, todas con fotos de centros comarcais, polo que pensabamos que podería afectar a compañeir@s nos@s. Parece que a fundación é independente do centro o cal nos aleda polo futuro dos nos@s compañeir@s.
Dicir tamén que este non é un portal de novas, para iso xa tedes a vieiros, a voz de galicia..., nos publicamos as novas que pensamos son de interese para tod@s e damos a nosa OPINIÓN, porque este blogue é de opinión e non informativo, entendemos que é confuso porque moitas veces vos informastes a través de nós.

Anónimo dijo...

Que vos parece o correo de Bea no que di que está aprobada a nova Rede no Consello da Xunta?
A min non sei, paréceme que non temos moita información como para saber cales van a ser as consecuencias, iso si, tanto tempo chamándonos RDSI e agora que a xente se vai acostumando a un nome tan "peculiar" van cambialo. Así nunca se poderá consolidar ningún proxecto.

dama do castro dijo...

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Feijoo/anuncia/42/millones/crear/4000/empleos/ayuntamientos/elpepuespgal/20100226elpgal_7/Tes

Anónimo dijo...

¿Sabedes se a empresa de supervisión segue?

Anónimo dijo...

Creo q non. Cando pasemos a formar parte dos concellos q sentido ten. Ademáis q mayor supervisión q ter q cumplir uns mínimos e chamar a xente q participa nos obradoiros.

Anónimo dijo...

A ver, o OGSI si que xa non está de forma oficialísima, http://www.osimga.org/, agora está isto. Sabedes se segue alí a mesma xente?

Anónimo dijo...

Ola Rede ou Cemit.
Levaba tempo sen ler o blog e vexo que todo segue máis ou menos igual. Só comentar dúas cousas: a primeira Fundación e Centros Comarcais son distintos e que desaparezan as Fundacións non quere decir que pechen os Centros Comarcais e segundo, ninguén me botou, fun eu quen decidiu non renovar.
Eliana.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo