Como xa vemos denunciando en entradas anteriores a administración non parece estar facendo todo o que debera para promocionar o uso do software libre.
Non temos mais que recordar o caso do MAP, ou de páxinas da administración que non soportan exploradores como o Mozilla.
Pois ademais no proxecto no que nos atopamos e no que nos insisten que lle demos pulo ó software libre mándanos a documentación en software propietario, como no correo que nos mandaron onte á noite.
Pode ser que algún de vos non teña as Open Office instaladas pero ó resto se nos obriga a traballar coas Office ( paradigma do software propietario ).
¿ Non é isto unha desmotivación ó noso traballo ? ¿ Temos que potenciar aquelo no que parece que non cre a nosa coordinación ?
A min particularmente convénceseme mellor se se traballa co software libre aínda que non se fale de que o promocionemos, non hai mellor forma de gañar a confianza que predicando co exemplo.
miércoles, 28 de marzo de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
¡ Que Deus nos colla confesados !
Dille ahi, que ardan no inferno. Anarquia dinamizadora
Ok.
Que arden no inferno.
¿Content@?
Eu vouno pasar ao calc coas OpenOffice e mándollo de volta en formato aberto.
Eu o que farei é escribirlles no recadro do email e santas pascuas.
Eu on entendo porque hai que escribirlle en formato excel, porque é un rollazo que te cagas.
Ademáis, moito exixen e ainda por rriba con presas e nós cando lle pedimos algo é como se falamos cunha parede.
Eu por mín, facíame o sueco e non lle mandaría nada.
Publicar un comentario