Querido dinamizador X e compañeir@s, España non é o único lugar onde adoramos as cousas gratis ou rebaixadas, se non mirade a páxina do Ministerio de Medio Ambiente xaponesa, que case morre dunha indixestión de Bic Mac e aínda deben de estar tentando reanimala. A cousa foi que o Mcdonalds ofrecía hamburguesas Big Mac a metade de prezo se a xente se comprometía a loitar contra o cambio climático. Ejem ejem, sí señor, seguro que con semellante iniciativa salvamos o planeta; seguro. http://www.elmundo.es/navegante/2007/09/05/tecnologia/1188984909.html
Os “concienciados” cidadáns tiñan que consultar a páxina deste desgraciadiño ministerio e cubrir un cuestionario. A resposta foi tan masiva, que a páxina quedou bloqueada.E eu me pregunto ¿ como era ese cuestionario? ¿como controlará esta compañía de comida rápida que as persoas que o cubriron loiten de agora en diante contra o temido cambio climático? ¿en que estaban pensando esas persoas cando asaltaron a web do ministerio?; na protección do planeta ou en xugosa carne con ketchup, pepinillos e cebola? ¿Que foi da dieta tradicional xaponesa, a base de sopa de aleta de tabeirón, sushi, boliñas de arroz e salsa de solla?En fin serafín, isto daba para uns dibuxos manga que o flipas. A que sí sabe dinamizar, a parte do McDonalds, é a ONG nixeriana Fantsuam Foundation, que, atención!, fabrica os seus propios ordenadores, os “SOLO COMPUTER”, destinados ás zonas rurais, alimentados con enerxía solar, capaces de resistira calor e o pó deses territorios. A ONG está conseguindo deste xeito, crear infraestructuras tecnolóxicasen comunidades rurais, que axuden a fomentar a economía local. Flipade se vos digo que apantalla LCD dos monitores, están encastadas en marcos de madeiraprocedente dos bosques reforestados da zona. Ide mirar toda a nova a esta dirección, porque non ten desperdicio.Por descontado que estes ordenadores funcionarán con software libre, claro. http://www.elpais.com/articulo/tecnologia/PC/todos/elpeputeccib/20070906elpcibtec_5/Tes Outro feito que pon un toque de cordura ao mundo das novas tecnoloxías é a nova de que O tribunal de Xustiza da UE, acaba de sentenciar, que as operadoras que ofertan servizosde internet, sí, esas odiosas aproveitadas e abusonas, como a telefónica; NON están obligadasa delatar as direccións IP dos usuarios que descargan música ou películas en Internet. Todo o follón xurdiu a raíz dun pleito entre Promusicae ( Productos de Música de España) e Telefónica. A primeira pediule á segunda que lle dese as direccións IP de usuarios que descargaran pelis ou música. Telefónica, facendo algo ben por unha vez na súa vida, negoullas alegando que eses datos só poden ser desvelados, se os pide un xuíz no marco dunha investigación criminal ou por un asunto que afecte á seguridade nacional. Pero non por un pleito civil. Agora o tribunal de Luxemburgo dalle a razón ácompañía, concluíndo que a normativa europea permite “ que os Estados membros, exclúan a comunicación de datos de tráfico personais para a persecución pola vía civil de infracciones dos dereitos de autor.Pois eso. A fe aguantarse, que carai. ¿Vós nunca tendes escoitado aos empresarios da música dicir que se os Cds son caros é porque hai moita piratería. Polo C arriba!! Cando apenas había Cds neste país, que case acababan de aparecer, (e de copieteo nada de nada), os discos custaban un ollo da cara. De 2500 para arriba!!. Hoxe en día están incluso máis baratos.
E finalmente comentarvos que parece ser que os avances da ciencia van permitir que os humanos poidan ter os superpoderes que, moit@s de nós, penso que fantaseamos con ter algunha vez.http://www.elpais.com/tecnologia/
Así que, ante esta nova posibilidade pregúntovos; ¿se puiderades, que poder escolleríades vos? ¿que habilidade superguai vos gustaría ter? ... Saúdos! |
3 comentarios:
Neste tipo de comentarios e cando se sabe se alguen e un atentico Freak ou non. Pero como eu si o son e moito pidome o poder de controlar o clima de Tormenta de X-Men para poder facer que haxa sol sempre que me apeteza ir a praia.
Sei que non picarei de orixinal pero sempre me atraeu o ceo e as alturas co cal eu votaría por poder voar. E na nova voar non pero levitar din que non sería tan raro que xa o conseguiron con ras. Falando do Big Mac, mira que son rariños estes xapos.
Eu creo que escollería o poder de parar o tempo. Creo que é dos máis guais.Pode ser moi útil para determinadas situacións!
Publicar un comentario