Parece mentira pero aquí estamos outra vez como ao principio de todo. Con dúbidas.
Imaxínovos a todos pensando o que ides facer. Haberá quen estea facendo as maletas e deixando o piso de aluguer; quen agarde e pague este mes por se segue no mesmo lugar. Moitos seguro que pensaredes en retomar as vacacións que deixamos a medias en agosto, pero coartados polas ditosas entrevistas das que haberá que estar pendientes. Quizais haxa quen pense: "De novas tecnoloxías xa tiven dabondo" e comece a buscar ferventemente outro choio; ou pode que moit@s atoparan na figura de dinamizador tecnoloxico, a profesión da súa vida.
Haberá quen pense que lle compensou a experiencia e haberá quen sinta que perdeu un ano da súa vida. Quen atopara novos amigos ou quizais unhas cantas persoas a quen odiar. Quen descubrira habilidades agochadas, virtudes que pensaba que non tiña (como unha paciencia dun santo) Anque pensandoo ben, tod@s debemos ter esa virtude xa que hai que ser moi paciente e boiñ@ para estar nesta bolsa e non mandala a paseo ás veces.
Eu no meu caso penso que isto non me veu nada mal. Aínda que teño moitas lagoas, agora lévome mellor coas novas tecnoloxías. Digamos que o ordenata e máis eu non nos pelexamos tanto.
Deséxovos (e deséxome) que en novembro TOD@S esteamos traballando, pretiño da casa , nun lugar agradable.
Non é un desexo pequeno, non.
viernes, 28 de septiembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Eu tamén desexo que tod@s esteamos traballando no mes de Novembro.
Que teñades bo comenzo destas "vacacións" de Octubre.
Non vos desanimedes!
Cristina CE
Eu comentovos que non vos esquezades de decir nas vosas entidades que falen coa xunta, non vaia ser o carallo, que pidan claramente que queren seguir en esto. Comentando con Casper cheguei a conclusion de que me vou pasar luns por ali ainda que sea so a preguntar se lles chamaron da conselleria.
Publicar un comentario